Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Familias

Hoxe en día existen moitas e diversas medidas e produtos para facilitar o coidado dos nosos familiares enfermos de alzhéimer ou outras demencias e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida destes e dos seus coidadores. En AFAL impulsamos un programa de adaptación do fogar no que os nosos técnicos realizan unha diagnose da vivenda, detectando barreiras arquitectónicas para, posteriormente, expor medidas sinxelas coas que cumprir os obxectivos descritos. Non só iso, poñemos a disposición das familias o préstamo de produtos de apoio, como camas articuladas, andadores ou cadeiras xeriátricas.


Ademais, de forma pioneira en Galicia, AFAL Ferrolterra ideaba un sistema de localización que permite localizar ao noso familiar diagnosticado de alzhéimer. Unha simple praca cun código QR que pode resultar moi útil en casos de desorientación, xa presente nas etapas máis iniciais da enfermidade. E un servizo que a nosa asociación ofrece completamente gratis aos socios e usuarios.

 

Aquí tes algúns dos plans e servizos que ofrecemos:

 

  • Programa de adaptación do fogar: medidas sinxelas como incorporar unha barra de agarre á ducha poden supoñer grandes melloras na calidade de vida dos enfermos de alzhéimer e tamén dos seus coidadores. Axudarlles neste sentido é un dos obxectivos do programa de Adaptación do Fogar de AFAL Ferrolterra. Iníciase no momento no que os maiores se converten en usuarios dalgún dos dous centros de día xestionados pola asociación en Ferrol, aínda que tamén se presta a calquera familia que desexe asesorarse sobre o tema. Así, nun primeiro momento, a terapeuta ocupacional elabora un informe sobre as barreiras arquitectónicas do fogar, a partir dunha ficha que cubre coas familias. Ademais, ofrécese a posibilidade de realizar unha visita ao domicilio para profundizar no estudo.

     

A partir de aí, o equipo de AFAL Ferrolterra asesora aos coidadores sobre aquelas medidas que poden tomar para mellorar a accesibilidade da vivenda, incluídos os produtos de apoio e outros recursos que teñen ao seu alcance.

 

  • Préstamo de produtos: poñemos a disposición das familias o préstamo dunha serie de produtos de apoio para o coidado de persoas dependentes en domicilio:

 

    • Cama articulada
    • Colchón antiescaras
    • Baldas y cabeceiros
    • Cadeira de rodas
    • Andadores
    • Cadeira de brazos xeriátrica

 

  • Sistema de localización: AFAL Ferrolterra pon a disposición das familias un sistema de localización que facilita a identificación daqueles maiores diagnosticados de alzhéimer ou outras demencias, especialmente útil en casos de desorientación, xa presente nas etapas iniciais da enfermidade.


O localizador é completamente gratuíto e consiste nunha chapa que contén un código QR.Este contén toda unha serie de información sobre a persoa, como o nome e os apelidos, o teléfono, a enfermidade ou a persoa responsable da mesma. É o equipo de AFAL o que introduce eses datos, previa autorización da familia para o programa. A continuación, entrégaselles. No caso de que os usuarios sufran desorientación e se perdan, sendo necesaria a súa busqueda, calquera persoa pode identificala lendo o código, a través dunha aplicación tamén gratuíta.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior