Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Entendo

Dende Afal desexamos informarche que a nosa páxina web utiliza cookies para analizar a navegación de usuarios.
As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accedes á nosa web coas finalidades que se describen nesta páxina.
A aplicación que utilizamos para obter e analizar a información da navegación é: Google Analytics: www.google.com/analytics/ e http://www.google.es/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Esta aplicación foi desenvolvida por Google, que nos presta o servizo de análise da audiencia da nosa páxina. Esta empresa pode utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Podes coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.
Esta ferramenta non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal desde onde se conectan. A información que obtén esta relacionada por exemplo co número de páxinas visitadas, o idioma, rede social na que se publican as nosas noticias, a cidade á que está asignada a dirección IP desde a que acceden os usuarios, o número de usuarios que nos visitan, a frecuencia e reincidencia das visitas, o tempo de visita, o navegador que usan, o operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.
Esta información utilizámola para mellorar a nosa páxina, detectar novas necesidades e valorar as melloras para introducir coa finalidade de prestar un mellor servizo aos usuarios que nos visitan.
Para permitir, coñecer, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo podes facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
Por exemplo podes atopar información sobre como facelo no caso que uses como navegador:
Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/cookies
Chrome desde aquí: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=é&answer=95647
Explorer desde aquí: http://windows.microsoft.com/es-é/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042
Opera desde aquí: http://help.opera.com/windows/11.50/é-É/cookies.html

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Noticias

Rebeca Valiño Regueiro e Jonathan Fernández Ríos proclamáronse vencedores da proba, Samuel Pantín foi o familiar máis rápido e Diego Sánchez o máis novo e Jesús Bernal o máis veterán

Ferrol, 21 de setembro de 2019. Preto de 300 persoas tomaron parte esta mañá na I Carreira e a II Andaina Solidarias organizadas por AFAL Ferrolterra para conmemorar o 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer. Unha xornada festiva que tinguiu durante toda a mañá de cor lila, o do alzheimer, o Cantón de Molíns, punto de partida e chegada de ambas citas. Na carreira, Rebeca Valiño Regueiro (corredora independente) e Jonathan Fernández Ríos (do club Pasa ou Entorna) subiron ao máis alto do pódium. En segunda posición, María Teresa Martínez Breijo (Castro de Lobadiz) e Daniel Portomeñe Formoso (independente). E, no terceiro posto, Carlota Ferreira Leiras (Pasa ou Entorna) e Ricardo Cores Vázquez (Triatlon Boiro). O familiar máis veloz foi Samuel Pantín, que dedicou o seu premio á súa nai, usuaria de AFAL. E como corredor máis novo situouse Diego Sánchez (2004), mentres que Jesús Bernal (1947) foi o máis veterano. Presidiron a entrega de premios Francisco Pantín, presidente de AFAL, e as concelleiras de Benestar Social de Ferrol, Eva Martínez Montero, e Valdoviño, Ana Belén Pérez.

Con esta iniciativa, AFAL quería dar visibilidade á enfermidade e ao labor que desenvolve nos seus centros de día a favor das persoas afectadas e as súas familias, así como nos concellos da comarca. Para iso, contou tamén coa colaboración especial do grupo de música tradicional Amigos de Oleiros, que amenizaron toda a andaina coa súa música, así como con Novo Plan, que puxo o broche de ouro á xornada cunha actuación musical de primeira no Cantón de Molíns.

Por último, Francisco Pantín quixo agradecer a Protección Civil e Policía Local o seu apoio para facer posible esta xornada. Agradecemento que fixo extensivo ao Concello de Ferrol e a Gadis, que colaborou co avituallamento. Tamén especialmente aos traballadores e traballadoras de AFAL e ao equipo de voluntarios, sempre ao pé do canón e implicándose en todas e cada unha das iniciativas da asociación.

ILUMINACIÓN DA CONSISTORIAL

A xornada pecharase sobre as 20:30 horas. Nese momento iluminarase de cor lila, a cor do alzheimer, a casa do concello de Ferrol para sensibilizar respecto á enfermidade.

A asociación ofrecerá tamén información ao longo da mañá no Cantón de Molíns nunha xornada que incluirá as actuacións musicais de Nuevo Plan e a agrupación de música tradicional Amigos de Oleiros

A casa consistorial de Ferrol iluminarase de noite de cor lila

Ferrol, 20 de setembro de 2019. AFAL Ferrolterra conmemora mañá sábado o Día Mundial do Alzheimer celebrando a súa I Carreira e II Andaina Solidaria polo centro de Ferrol. Unha iniciativa coa que dar visibilidade á doenza e, tamén, ao labor que desenvolve a asociación a favor das persoas afectadas de alzheimer e das súas familias nos centros de día terapéuticos (rúa Río Castro, 43-45 baixo e antiga Casa do Mar)

O presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, explicou que tanto a carreira como a andaina terán lugar pola mañá, e partirán ás 12:00 e ás 12:15 horas do Cantón de Molíns para realizar un itinerario de 5 kms. A recollida de dorsais será a partires das 11:00 horas. Nesta liña, quixo agradecer a colaboración brindada polo Concello de Ferrol, a través das Concellerías de Benestar Social e Deportes, así como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local. Un agradecemento que fixo extensivo a Gadis, que colabora co avituallamento.

Ademais, voluntarios/as e traballadores/as de AFAL Ferrolterra estarán no Cantón para informar ás persoas interesadas sobre o alzhéimer e outras demencias e tamén porá a disposición do público un mercadillo solidario no que se mostrarán os traballos que realizaron os usuarios e usuarias nos talleres ocupacionais dos centros de día.

Tampouco faltará a música, coa que se pechará a andaina e carreira, e que correrá a cargo da agrupación de música tradicional Amigos de Oleiros e do grupo ferrolán Nuevo Plan, referencia do pop-rock estatal dos 80’s. Formacións que colaboran desinteresadamente na cita.

ILUMINACIÓN DA CONSISTORIAL

A xornada pecharase sobre as 20:30 horas. Nese momento iluminarase de cor lila, a cor do alzhéimer, a casa consistorial de Ferrol para sensibilizar respecto da enfermidade.

Falará sobre a aplicación AlertCops, un dispositivo que axuda a ter localizados aos maiores e facilita a súa busca en caso de desorientación

A conferencia será mañá ás 16:00 horas na sede de AFAL Ferrolterra e abordará os principais riscos que afectan ás persoas de idade avanzada

Ferrol, 19 de setembro de 2019. A aplicación gratuíta AlertCops é unha ferramenta que pode ser de grande utilidade para facer un seguimento a enfermos de alzhéimer e evitar así que unha desorientación faga que os nosos maiores se perdan e existan dificultades para localizalos.

Sobre esta aplicación, posta en marcha polo Ministerio de Interior, falará mañá ás 16:00 horaso inspector xefe de seguridade cidadá da Comisaría de Ferrol, Javier Seijas, nunha conferencia aberta ao público e de balde que impartirá na sede de AFAL Ferrolterra (rúa Río Castro 43-45, Ferrol), dentro da programación que, este mes de setembro, conmemora o Día Mundial do Alzhéimer.

AlertCops é unha ferramenta que pode axudar aos cidadáns vítimas dalgún delito pero tamén ten un sistema de xeolocalización. Dado que as persoas con demencias teñen un alto risco de perderse a causa dunha desorientación, dende o Corpo Nacional de Policía fan unha serie de recomendacións para evitar que estas situacións se compliquen.

Así, ademais de aconsellar que os familiares e coidadores coñezan os lugares polos que acostuma pasear a persoa afectada por unha demencia, tamén recomendan que cando saia leve un teléfono móbil co sistema de xeolocalización de AlertCops activado, que leve tamén unha axenda co teléfono dos familiares e, de ser o caso, a súa medicación. Ata tres persoas poden controlar onde se atopa a persoa xeolocalizada con esta aplicación.

O inspector Javier Seijas tamén falará sobre os principais riscos que sofren os nosos maiores, como son os malos tratos, os roubos e tamén riscos domésticos que se poden evitar mantendo certas precaucións. Ademais, o xefe de seguridade cidadá da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ferrol abordará algúns dos riscos que existen para os maiores que empregan internet e as novas tecnoloxías.

No marco dos actos do Día Mundial, traballadores e voluntarios informarán sobre o alzheimer e o labor da asociación de 10 a 14 h

Ferrol, 18 de setembro de 2019. Traballadores/as e voluntarios/as de AFAL estarán detrás das mesas informativas que a asociación instalará este xoves, 19 de setembro, nalgunhas das principais rúas e barrios de Ferrol. Será de 10 a 14 horas e, os emprazamentos, entre outros, os seguintes: Casino Ferrolán, barrio de Canido, Cafetería Avenida e Inferniño.

Con esta iniciativa AFAL busca achegar á sociedade a enfermidade e o labor que desenvolve a favor das persoas afectadas de alzheimer e das súas familias, á vez que solicita a colaboración económica da cidadanía para poder continuar desenvolvendo a súa actividade. Unha acción que se inclúe no programa de actividades deseñado por AFAL para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer baixo o lema #Amemorianoscamiños.

Organizada por AFAL Ferrolterra, a iniciativa celebrarase este sábado e con ela a asociación busca darlle visibilidade á doenza e ao labor que desenvolve a favor das persoas afectadas e das súas familias

Ferrol, 17 de setembro de 2019. O presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, lembrou que este xoves 19 de setembro conclúe o prazo de inscrición na I Carreira e a II Andaina solidaria coas que a asociación conmemorará este sábado, 21 de setembro, o Día Mundial do Alzhéimer. Deste xeito, as persoas interesadas en tomar parte e contribuír así a darlle visibilidade á doenza e á labor que desenvolve a asociación a favor das persoas afectadas e das súas familias deben anotarsena sede de AFAL Ferrolterra (rúa Río Castro 43-45, Ferrol), a través do número de teléfono 981370692 e tamén no sitio web http://inscripciones.ranckr.com/es/eventos. O custe da andaina é de 5 euros e o da carreira, de 10, se ben para os menores de 12 anos ambas son gratuítas.

Ademais, existe un dorsal solidario dirixido ás persoas interesadas en contribuír á loita contra o alzhéimer pero que non poidan participar na carreira ou na andaina. Así, poden realizar unha doazón que contribuirá a manter as actividades de AFAL Ferrolterra a prol das persoas afectadas por demencias e os seus familiares.

Tanto a carreira como a andaina terán lugar o sábado pola mañá, e sairán ás 12:00 e ás 12:15 horas do Cantón de Molíns para realizar un itinerario de 5 kms. A recollida de dorsais será a partires das 11:00 horas.

No marco do Día Mundial do Alzheimer, instalará as súas mesas informativas no Arquitecto Marcide e Hospital Naval, así como nas inmediacións do centro de saúde de Narón, de 10 a 14 horas

Ferrol, 13 de setembro de 2019. Equipo e voluntarios de AFAL sairán dos centros de día para informar á cidadanía sobre o alzhéimer; dar a coñecer os servizos que a entidade presta a enfermos e familiares e, ao mesmo tempo, solicitar a súa colaboración económica para continuar co seu labor. E, para iso, AFAL instalará este luns, 16 de setembro, mesas informativas e petitorias no Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide e no Hospital Naval de Ferrol, así como nas inmediacións do Centro de Saúde de Narón. A iniciativa desenvolverase entre as 10 e as 14 horas e conta coa colaboración da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e do Concello de Narón.

Esta acción enmárcase no programa de actividades deseñado por AFAL Ferrolterra para conmemorar, o próximo 21 de setembro, o Día Mundial do Alzheimer. Neste sentido, AFAL concentra os seus esforzos en visibilizar a enfermidade e conseguir que o Alzhéimer estea na vida cotiá da cidadanía durante todo o mes de setembro a través das actividades previstas, máis aló de limitarse a unha única xornada.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior