Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Noticias

Pablo Moreda, alcalde de Cedeira, e Francisco Pantín, presidente de Afal, entidade que guía os talleres, animan ás familias a sumarse ao programa

As sesións celébranse os martes e xoves de 18 a 20 horas

Cedeira, 1 de febreiro de 2020. Terapias coas que tentar retardar o avance do alzheimer e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños afectados, ofrecendo ao mesmo tempo o necesario respiro familiar aos seus coidadores principais. Eses son os obxectivos dos obradoiros que impulsa o Concello de Cedeira xunto a Afal. O alcalde, Pablo Moreda, visitaba esta semana os talleres acompañado do presidente da asociación, Francisco Pantín, e aproveitaba a oportunidade para animar ás familias coidadoras da vila a interesarse pola iniciativa e sumarse á mesma.

Celébranse martes e xoves de 18 a 20 horas na terceira pranta do Auditorio Municipal. Son obradoiros de estimulación cognitiva para veciños que teñen diagnosticada a enfermidade e que se atopan nunha fase inicial ou moderada.

A través dos mesmos, persoal especializado leva a cabo diferentes terapias para activar, estimular e adestrar as distintas capacidades e funcións cognitivas das persoas enfermas (percepción, atención, razonamento, abstracción, memoria, linguaxe, procesos de orientación e praxias). ¿Obxectivos? Traballar as capacidades residuais da persoa para evitar a frustración do enfermo, aumentar a súa autoestima e contribuír a pór freo ao avance da enfermidade. Esta terapia lévase a cabo mediante exercicios prácticos a nivel individual, e cun enfoque lúdico a nivel global.

Por último, sinalar que a matrícula está aberta no Edificio Municipal de Servizos Sociais ou en Afal para todas as persoas interesadas en participar ou recibir máis información.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior