Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Entendo

Dende Afal desexamos informarche que a nosa páxina web utiliza cookies para analizar a navegación de usuarios.
As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accedes á nosa web coas finalidades que se describen nesta páxina.
A aplicación que utilizamos para obter e analizar a información da navegación é: Google Analytics: www.google.com/analytics/ e http://www.google.es/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Esta aplicación foi desenvolvida por Google, que nos presta o servizo de análise da audiencia da nosa páxina. Esta empresa pode utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Podes coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.
Esta ferramenta non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal desde onde se conectan. A información que obtén esta relacionada por exemplo co número de páxinas visitadas, o idioma, rede social na que se publican as nosas noticias, a cidade á que está asignada a dirección IP desde a que acceden os usuarios, o número de usuarios que nos visitan, a frecuencia e reincidencia das visitas, o tempo de visita, o navegador que usan, o operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.
Esta información utilizámola para mellorar a nosa páxina, detectar novas necesidades e valorar as melloras para introducir coa finalidade de prestar un mellor servizo aos usuarios que nos visitan.
Para permitir, coñecer, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo podes facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
Por exemplo podes atopar información sobre como facelo no caso que uses como navegador:
Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/cookies
Chrome desde aquí: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=é&answer=95647
Explorer desde aquí: http://windows.microsoft.com/es-é/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042
Opera desde aquí: http://help.opera.com/windows/11.50/é-É/cookies.html

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Atención alzhéimer

Tan importante es el tratamiento farmacológico como el no farmacológico en la enfermedad de alzhéimer. De hecho, y a falta de cura, uno y otro se complementan a la perfección para contribuir a retardar el avance de la dolencia y también mejorar la calidad de vida de las personas. Cada día, los centros terapéuticos de AFAL Ferrolterra llevan a cabo una serie de terapias con las que cumplir este objetivo. Terapias con las que estimular las capacidades de los usuarios, adaptadas a la fase de la enfermedad en la que se encuentren y, sobre todo, que resulten atractivas y gratificantes para ellos.


Un equipo de profesionais guía as sesións, que se suceden ao longo de mañá e tarde. Técnicas e estratexias coas que activar, estimular e adestrar as capacidades e funcións cognitivas dos nosos usuarios a través de diferentes ferramentas. Pintura, manualidades, calceta, novas tecnoloxías, música... son moitos e variados os talleres. Para coñecelos, animámosche a que continúes lendo.

O equipo de AFAL Ferrolterra está nun proceso de aprendizaxe constante, que inclúe o intercambio de coñecementos con outras asociacións e institucións. De aí, a incorporación continua de novas terapias á programación de talleres da asociación. Neste apartado, compartimos convosco algúns deles. Son Equinoterapia, Xerontoiga e o Bingo Musical. O primeiro, realizado en colaboración co centro ecuestre La Finca, de Ferrol. E o terceiro, ideado polo equipo de terapeutas a partir doutro dos nosos obradoiros habituais, o bingo de toda a vida.


Terapias todas elas con resultados tremendamente positivos nos participantes e que auguran a súa continuidade no calendario de actividades de AFAL Ferrolterra. Pero seguimos traballando para continuar sumando novas terapias ao longo do ano. Todo, cun obxectivo único: proporcionar accións gratificantes para os nosos usuarios que melloren as súas capacidades e, por tanto, a súa calidade de vida e tamén a das súas familias.

Aínda que case dende a nosa creación a celebración de festas vinculadas ao noso calendario é unha constante en AFAL Ferrolterra, en 2015 dábamos un paso máis e poñiamos en marcha o programa "Vaia Troula: 12 meses, 12 festas". A través do mesmo, maiores, familias e equipo compartimos tempo e actividades unha vez ao mes, co "pretexto" de celebrar algunha das conmemoracións máis destacadas, que non son poucas. Para iso, contamos coa colaboración dos nosos maiores, que durante semanas traballan nos talleres de manualidades e ocupacionais, preparando os motivos cos que decoramos os centros de día. Tamén con músicos e artistas, que nos brindan o seu repertorio para gozar dun baile que nunca falta.


San Valentín, Entroido, Pepitas, Os Maios, Letras Galegas, San Xoán, Magosto, Nadal... son algunhas das citas que nunca fallan. E, como non, en setembro, e coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, a celebración dos aniversarios dos nosos centros terapéuticos.

 

Sen dúbida, o diagnóstico temperán da enfermidade de alzhéimer en fase de demencia leve segue sendo unha ferramenta fundamental para mellorar a calidade de vida dos pacientes. A enfermidade de alzhéimer ten tratamento. Son moitos os estudos científicos que constatan a existencia de certos fármacos que demostraron eficacia á hora de mellorar os síntomas cognitivos, conductuais e funcionais, e mesmo estabilizar entre seis e dezaoito meses a evolución dos síntomas. De igual xeito, tamén existen tratamentos non farmacolóxicos baseados na estimulación cognitiva que axudan a preservar durante máis tempo as capacidades destas persoas.

 

Desde AFAL Ferrolterra, queremos seguir avanzando na loita contra o alzhéimer e, por este motivo, a asociación fai unha aposta decidida planteando o "Programa de Intervención Precoz en Estadíos Iniciais" da enfermidade, sendo conscientes da importancia da intervención precoz tanto das persoas afectadas como das súas familias..

As persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer ou outras demencias ademais da afectación cognitiva sofren a miúdo síntomas psicolóxicos e do comportamento que afectan negativamente á súa vida social e familiar. En ocasións esta sintomatoloxía é unha manifestación máis da propia enfermidade e, noutras, é un síntoma do impacto que a enfermidade ten sobre a persoa.


Desde AFAL Ferrolterra realízanse unha serie de intervencións dirixidas ao tratamento e manexo da citada sintomatoloxía co obxectivo de minimizar no posible o seu impacto e lograr o maior benestar psicolóxico e social posible na persoa afectada.

 

Para logralo establecemos como punto de partida a comprensión da realidade que está a vivir o propio enfermo para así establecer un estilo de comunicación coa que se facilite a interacción. Posteriormente e se a situación o esixe, levaríase a cabo unha intervención sobre os síntomas psicolóxicos e do comportamento utilizando  estratexias que favorezan un comportamento máis adaptativo.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior