Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Entendo

Dende Afal desexamos informarche que a nosa páxina web utiliza cookies para analizar a navegación de usuarios.
As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accedes á nosa web coas finalidades que se describen nesta páxina.
A aplicación que utilizamos para obter e analizar a información da navegación é: Google Analytics: www.google.com/analytics/ e http://www.google.es/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Esta aplicación foi desenvolvida por Google, que nos presta o servizo de análise da audiencia da nosa páxina. Esta empresa pode utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Podes coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.
Esta ferramenta non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal desde onde se conectan. A información que obtén esta relacionada por exemplo co número de páxinas visitadas, o idioma, rede social na que se publican as nosas noticias, a cidade á que está asignada a dirección IP desde a que acceden os usuarios, o número de usuarios que nos visitan, a frecuencia e reincidencia das visitas, o tempo de visita, o navegador que usan, o operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.
Esta información utilizámola para mellorar a nosa páxina, detectar novas necesidades e valorar as melloras para introducir coa finalidade de prestar un mellor servizo aos usuarios que nos visitan.
Para permitir, coñecer, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo podes facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
Por exemplo podes atopar información sobre como facelo no caso que uses como navegador:
Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/cookies
Chrome desde aquí: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=é&answer=95647
Explorer desde aquí: http://windows.microsoft.com/es-é/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042
Opera desde aquí: http://help.opera.com/windows/11.50/é-É/cookies.html

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Voluntariado

Compromiso solidario contra o esquecemento
Dicía o médico Rojas Marcos que "o voluntariado é saudable, non só alonga a vida senón que inxecta vida aos anos". É unha boa razón para practicalo e, desde AFAL Ferrolterra, brindamos a posibilidade de facelo a todo aquel que o desexe. O noso plan de voluntariado, denominado "Compromiso solidario contra o esquecemento", contempla unha primeira fase de formación e unha segunda de participación, xa que para exercer a segunda é imprescindible ofrecer aos nosos voluntarios uns coñecementos especializados na enfermidade.


Adquiridos estes, AFAL propón tres programas principais: atención directa a persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias, con intervencións nos nosos centros de día e servizo de transporte adaptado; captación de socios e obtención de recursos, con implicación nas campañas que desenvolvemos ao longo do ano, e divulgación e sensibilización, a través do cal achegamos a enfermidade e a nosa labor á sociedade.


Desde os nosos inicios, a labor dos voluntarios e voluntarias foi un punto fundamental na nosa acción. Dese movemento naceu precisamente AFAL Ferrolterra e é o noso obxectivo continuar nesa senda.


¿Queres comprometerte contra o esquecemento?

 

O Plan de Voluntariado de AFAL Ferrolterra inclúe varios programas:

 

AtencionAtención directa a persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias: o centro de día terapéutico é un servizo de atención diúrna especializado en alzhéimer e outras demencias dirixido á promoción da autonomía persoal á través do tratamento non farmacolóxico. Tamén ofrece apoio psicosocial ás familias. A intervención baséase nun amplo abano de actividades de estimulación cognitiva (psicomotricidade, ludoterapia, estimulación física xerontolóxica, terapia ocupacional, etc), así como terapias complementarias como as asistidas con animais (A.A.A), Terapias en sociedade (saídas ou excursións) e festas (Nadal, Entroido, Magosto, Maios, Aniversario,). En todas elas brindámosche a posibilidade de apoiarnos como voluntario.

Ademais, os centros de día terapéuticos tamén ofrecen servizo de transporte pola mañá, mediodía e tarde en función do horario/ tipo de xornada do usuario e necesidades familiares. O voluntario ofrece un acompañamento no servizo que permite reforzar o apoio que necesita a persoa afectada na mobilidade e transferencias. Ademais, bríndalle a posibilidade de coñecer o contexto familiar que rodea a enfermidade.

 

Captacion recursosCaptación de socios e obtención de recursos: este programa conta coa participación de todos os profesionais e voluntarios de AFAL, tendo moi en conta o Departamento de Administración e a Xunta Directiva da entidade. Realízase de forma práctica, constante e vital ao longo de todo o ano, facendo un esforzo maior durante o mes de setembro coincidindo coa conmemoración ao Día Mundial do Alzhéimer. Contempla diversas campañas co fin de achegar a enfermidade á poboación e dar a coñecer os servizos da entidade tentando do mesmo xeito obter recursos para garantir o mantemento dos mesmos.

 

DivulgacionDivulgación e sensibilización: este programa forma parte da esencia da asociación. Con el queremos achegarnos á sociedade e constitúe unha intervención desde a que se promove a concienciación e empatía coa enfermidade de alzhéimer e outras demencias. As nosas ferramentas son xornadas, mesas redondas, campañas teórico-prácticas de sensibilización, e programas como O Alzheimer na escola.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior